martes, 28 de marzo de 2017

CRONICA

O pasado domingo día 19 de marzo (San Xosé) a asociación de sendeirismo Paso Miúdo vólveo a saír se ruta, esta vez a terras de A Fonsagrada.

A saída foi como é habitual e con puntualidade por parte de os asistentes as oito de a mañá dende a casa da cultura de Ferreira.

Fixemos unha parada para tomar café, (algúns para desayunar) e dende aquí ata o noso punto de destino, a aldea de Silvacha

Comezamos a ruta saindo do pobo con dirección a Murias collendo un camiño que baixa ata o regato de As Covas, antes de chegar o río houbo quen ( como dicía miña nai ) fixo o “Pericon” gabeando polas arbores.

O chegar o río encontrámonos con un verxel custodiado por unha árbore caído e una magnifica ponte de madeira, Neste punto crúzanse os regatos de As Covas e Valdebarreiro, cruzamos os regatos e ascendemos ata chegar o castro de Castañoso ( onde hai una sauna preromana) seguimos a ruta e como o track non esta moi claro desviámonos e temos que dar a volta para atrás.

Logo de comer uns aperitivos continuamos coa ruta e o chegar a capela de Santiago onde decidimos uns continuar coa ruta seguindo e Juan e outros conmigo para ir ata o Muíño de Penello, hoxe en ruínas, onde podemos ver una cascada que servía para facer funcionar o muíño.

Damos a volta para seguir coa ruta …. E sorpresa … o GPS acabou a batería, sen cobertura e sen sinal nas emisoras .. decidimos seguir o sentido común.. logo de uns metros recorridos xa estábamos de volta conectados co resto de o grupo.

Deixamos o camiño principal que ia ata Castañoso e seguimos por un que nos leva ata o Muíño de Cerredo, facemos malabarismo para cruzar o río e dende aquí todo subida ata Silvacha.

Subimos no autobús rumbo a o restáurate “O Piñeiral” onde nos agarda un suculento cocido, que ben podían haber vido outros tantos que aínda así ia a sobrar.

Polas cinco saímos de volta para a casa e como quedaban dúas horas de viaxe, aproveitamos para durmir a sesta e acomodar o cocido que acabábamos de comer.

E así foi como pasei este domingo de San Xosé coa asociación un ano despois de a última ruta

VEMONOS EN ASTORGA

Angel Rivas



Powered by Wikiloc